Vigo al minuto

Un deputado socialista anima a Feijóo a que presente a Príncipe á Alcaldía de Vigo polo PP

Feijóo e o probable candidato popular á Alcaldía de Vigo, Chema Figueroa/Tresyuno Comunicación

O deputado Abel Losada invitou ao presidente Feijóo, a presentar a Carlos Príncipe como candidato do PP á Alcadía de Vigo xa que é «moi amigo» seu, e criticou que so presidente sexa «moi locuaz» para falar da expulsión do ex alcalde das filas socialistas e, pola contra, non explique a súa relación con Marcial Dorado ou con Pachi Lucas.

Nun comunicado, o deputado socialista reposta ás declaracións realizadas por Feijóo, este xoves, logo do  Consello da Xunta, nas que dixo que o PSOE «se apresurou menos» en expulsar Príncipe que en desmentir as súas acusacións sobre suposto enchufismo e corrupción no Concello de Vigo.

Abel Losada di que Feijóo «se volveu moi locuaz con esta decisión do Partido Socialista, pero segue mantendo silencio» sobre a súa relación co narcotraficante Marcial Dorado, co «seu amigo» Pachi Lucas, que «aparece como intermediario en canto negocio hai neste territorio».

Ademáis, Losada pediu a Feijóo que aclare «os sistemáticos contratos da Xunta coa empresa na que a súa irmá desempeña un cargo de responsabilidade. Claro que non esperamos outra cousa dun presidente que ten a visión de que a ética a dan os votos», di o deputado do PSdG.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.