Galicia

Unións Agrarias, este mércores no Parlamento Europeo para denunciar a situación do lácteo galego

Unións Agrarias denunciará este mércores no Parlamento Europeo a situación en que se atopa o sector lácteo galego «pola falta de iniciativa política das autoridades españolas». Así o subliña o sindicato nun comunicado no que critica que, «ante o reto inmediato do mercado sen cotas lácteas, non rematan de instrumentalizar medidas que equilibren a cadea de produción do leite».

Ata Bruxelas se desprazará o secretario xeral comarcal de Deza e Tabeirós, Román Santalla, convocado polo grupo da eurocámara de la Alianza Progresistas de Socialistas e Demócratas (APSD), para participar no Comité de Expertos que prepara unha resolución sobre a crise de prezos no sector e a posta en marcha de iniciativas que estabilicen a produción.

Unións incidirá de que existan mecanismos de control público «que impidan os abusos do mercado sobre a base produtora”, ademáis, exporá aos parlamentarios europeos a “necesidade dunha reforma intensa do paquete lácteo porque senon, o sector da gandaría de leite en Galicia está morto». Segundo Unións Agrarias, para evitalo “é imprescindible potenciar novos mecanismos de xestión que equilibren a negociación contractual que a día de hoxe, en contra do que a Xunta cree, non pasa de ser unha mera imposición de industria e distribución».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.