Cultura Destacados

Morre aos 98 anos de idade o galeguista Fernando Quintela Nóvoa, presidente da Fundación Alexandre Bóveda

Foto: afazanhadaliberdade.wordpress.com

O presidente da Fundación Alexandre Bóveda, Fernando Quintela Nóvoa, morreu este domingo aos 98 anos de idade, segundo informou nun comunicado o secretario desta entidade. Valentín García Bóveda-neto de Alexandre Bóveda– lembrou o “traballo” realizado por Quintela Nóvoa en favor tanto da Fundación coma de Galicia que “hoxe segue necesitando exemplos de firmeza e de consenso”.

Nacido en 1916 en Vilagarcía de Arousa, Fernando Quintela Nóvoa “practicaba o galleguismo ata onte mesmo coa promiscuidade dun adolescente”, destacou Valentín García, ao tempo que garantiu que pasará á “memoria colectiva” como “un Bo e Xeneroso”.

 

También te puede interesar