Vigo al minuto

Asemblea de Coia asegura que a Fiscalía admitiu unha denuncia contra o alcalde pola ubicación do ‘Bernardo Alfageme’

Protesta rotonda de Alcampo/Tresyuno Comunicación

Segundo informa a Asemblea Aberta de Coia, a Fiscalía da área de Vigo ven de admitir a trámite a denuncia interposta por esta asocicción contra o Concello de Vigo e a empresa Civis Global s.l. pola ubicación do pesqueiro “Bernardo Alfageme” na rotonda de Alcampo.

Nnha nota enviada aos medios, a Asemblea, di que “a Fiscalía abriu dilixencias de investigación penal por posibles delitos de prevaricación, cohecho, tráfico de influencias e malversación de fondos públicos. Dentro destas dilixencias xa se libraron as primeiras citacións para tomar declaracións a finais do mes de xaneiro”.

A denuncia presentada pola asemblea veciñal insiste no incumprimento por parte do Concello dos procedementos e trámites legais esixidos ante unha obra destas características. “Non existe información económica nin se ten aberto procedemento de adxudicación. Ademais incúmprense as condicións da cesión da titularidade do barco, que sempre foron as de adicalo a fins culturais e didácticos”, indica a Asemblea.

Ademáis, na mesma nota indica que a denuncia pedía á Fiscalía que tomase declaración ao alcalde,  ao Concelleiro da área de Fomento, David Regades, e mailos representantes legais da empresa “Civis Global S.L., ainda que non aclara se o fiscal chamounos a declarar.

 

También te puede interesar