Vigo al día

Aprobadas as bases do Programa Municipal de axudas para gastos de vivenda, luz e alimentación, dotado con 2 millóns

O goberno local aprobou as bases e a convocatoria do Programa Municipal de achegas extraordinarias a familias para gastos de vivenda, subministros e alimentación. O plan está dotado con 2 millóns de euros, igual que o pasado exercicio cando se entregaron 1.007 axudas para aluguer e hipotecas, 884 achegas para enerxía e 755 tarxetas de alimentación.

Xunto con este programa, achégase medio millón de euros para axudas de emerxencia, cantidades ás que hai que engadir as xa aprobadas nos orzamentos para 2015, entre outras 700.000 € para o albergue, 1,2 millóns para CEDRO ou 500.000 € para comedores sociais.

 

También te puede interesar