RGPD - Cookies
Sucesos

Morre atropelada unha veciña da parroquia de Tebra, en Tomiño

Unha veciña da parroquia de Santa María de Tebra, en Tomiño, morreu este venres, pouco antes das 6 da tarde, atropelada por un coche na PO-344, á altura de san Salvador. Segundo a información de veciños do lugar, o conductor do coche tentou evitar o atropelo pero non foi posible e envestiu á muller, de 73 anos de idade, que viña de volta a casa dun enterro.

Ata o lugar achegouse unha dotación da Garda Civil de Tráfico, dúas ambulancias do 061 e un médico do PAC de Tui.

 

También te puede interesar