Galicia

A Xunta ingresará aos funcionarios o 25% da paga extra de 2012 este ano «se pode ser»

Se reintegrará os funcionarios da Xunta o 12,5 % da paga extra de Nadal suspendida en 2012, e se intentará pagar ata o 25 % desa paga no primeiro semestre de 2015, “se pode ser». Asi o dixo o vicepresidente do Goberno galego, este venres durante unha visita ao Concello de Redondela, na que estivo acompañado polo alcalde, Javier Bas.

Alfonso Rueda engadiu que, como xa se avanzara e «sen enganar a ninguén», a intención do Goberno é devolver o 100% desa paga «cando as posibilidades económicas o permitan». O Vicepresidente lembrou que foi a crise a que obrigou a tomar esa medida, “algo que non foi doado nin popular”, pero que, subliñou, axudou a que “Galicia teña unha saúde financeira que outras comunidades non teñen».

Segundo o vicepresidente do Goberno, outras comunidades “deben recorrer continuamente aos mecanismos de rescate» aprobados polo Goberno do, “perdendo autonomía financeira e capacidade de facer cousas», mentres que “Galicia, pola contra, pode agora beneficiarse de vantaxes como a condonación de intereses da débeda que había que devolver”. «Agora que empeza a recuperación económica, verase a importancia de ser serios nas contas, cumprir o déficit e poder manter os servizos públicos esenciais», concluiu Alfonso Rueda.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.