RGPD - Cookies

O ano empezará con ceos despexados e algo menos de frío

As altas presións, que seguen sobre Europa continuarán achegando estabilidade na último día do ano, aínda que un sistema frontal introducirá nubes de tipo medio e alto. Así, o ceo volverá verse pouco nubrado ou despexado, dacordo coa previsión de MeteoGalicia.

As temperaturas mínimas experimentarán un ascenso entre moderado e notable aínda que continuarán as xeadas no interior, pero menos xeneralizadas e intensas que en días anteriores; e as máximas terán un lixeiro ascenso.

Deste modo, as temperaturas máximas subirán ata os 15 graos en Vigo-onde teremos unha mínima de 3- e o termómetro descenderá ata os 3 baixo cero en Lugo e -2 graos en Ourense.

 

También te puede interesar