RGPD - Cookies

Ourense e Lugo con menos de 4 baixo cero nun martes que será frío e soleado en Galicia

O Sur da provincia de Ourense e o centro da de Lugo estarán este martes en alerta amarela por temperaturas mínimas de menos de 4 graos baixo cero. Segundo o Boletín de tempo meteorolóxico publicado por MeteoGalicia, a presenza dunha masa de aire frío procedente do Norte e a situación anticiclónica propiciarán de novo a presenza de xeadas intensas no interior.

Hoxe Galicia segue baixo a influencia do anticiclón centrado sobre Francia, co cal agárdanse  ceos pouco anubrados ou despexados. As temperaturas mínimas non terán cambios, de xeito que volverá a xear, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso.

Por cidades, o termómetro subirá ata os 13 graos en Pontevedra e Ferrol e os 14 en Vigo –cunha mínima de 5- mentres que baixará ata os 5 baixo cero en Ourense e -4 graos en Lugo.

 

También te puede interesar