RGPD - Cookies
Vigo al día

Membros da CIG volven a paralizar as obras do Centro Comercial Bandeira, no Calvario

Afiliados da CIG están parando á hora de escribir esta nova as obras do Centro Comercial Bandeira no Calvario. Esta é a segunda ocasión en que o fan, logo do día 23 pasado, no que representantes da central achegáronse ata o lugar para denunciar o incumplimento do convenio provincial da construción que indica que non se pode traballar nestas datas.

O Bandeira levántase na parcela de preto de 10.000 metros cadrados que ocupaban as antigas adegas e no que está proxectado, cunha inversión de 25 millóns, un novo centro comercial cun Mercadona e outras 6 tendas, ademáis dunha cafetería na terraza.

 

También te puede interesar