RGPD - Cookies
Comarcas

Afectados polas Preferentes, este martes en Tui para apoiar a un deles «denunciado inxustamente pola Policía Local»

Este martes, no Xulgado de Primeira Instancia nº 3 de Tui, celébrase o xuízo contra Lois Bahúlo, afectado pola compra de Preferentes, a causa dunha denuncia interposta por dous axentes da policía local de Tui.

Os feitos aconteceron o 25 de xuño de 2013, cando se estaba a levando a cabo outro xuízo rodeado por unha serie de incidentes, daquela, contra Xulio Vicente -portavoz da plataforma do Baixo Miño do cal saíu absolto, tamén denunciado por un axente da Policía Local de Tui-.

Lois Bahúlo acudiu a unha concentración en apoio a Vicente, e cando se dispuña a achegarse “de xeito pacífico” ás dependencias xudiciais, foi reducido polos axentes da Policía Local, e posteriormente achegado ao centro de saúde por membros da Garda Civil “a causa da malleira recibida por algúns axentes locais”, segundo indica a Plataforma de Afectados do Baixo Miño que lembra que “ese mesmo dia, ate compañeiros dos medios de comunicación foron agredidos e recibidos a patadas”.

Porén unha representacións das plataformas de afectados polas preferentes de Galicia, acudirán hoxa a apoiar a Lois Bahúlo,inxustamente denunciado, e lembran que” é vergoñento que unha persoa que ten unha incapacidade mental dun 75% a causa dun accidente de tráfico, do cal a súa indemnización, o banco, sen o seu consetimento, lla meteu en preferentes, e que posteriormente sexa denunciado por axentes da Policía Local de Tui, teña que, nestas datas tan sinaladas, despois do que se leva loitado na rúa, teña que ser xulgado inxustamente porque dous axentes da Policía Local de Tui prefiren seguir a dinámica do Governo do local para non por o seu posto de traballo”.

 

También te puede interesar