Galicia

62 feridos nas estradas galegas nunha fin de semana sen mortos

O 061 atendeu a 62 persoas debido a 48 accidentes de tráfico rexistrados a fin de semana nas estradas galegas.  A Central de Coordinación recibiu 48 chamadas entres as 3 da tarde do venres e a pasada medianoite e mobilizou a 51 ambulancias, e concreto, as medicalizadas acudiron a dous sinistros; as asistenciais realizaron 41 saídas e as convencionais, catro; mentres que os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en catro ocasións.

En 54 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en oito ocasións recibiron asistencia no lugar do sinistro sen necesitar traslado.

Pontevedra, con 17 sinistros, foi a provincia que rexistrou máis accidentes durante os desprazamentos da fin de semana; seguida da Coruña, con 12; Ourense, con sete; e Lugo, con catro.

 

También te puede interesar