RGPD - Cookies
Vigo al día

20 persoas pendentes de ingreso no Xeral e ducias delas nos corredores do Meixoeiro pola «sobrecarga» de Urxencias

Traballadores de Xeral e Meixoeiro volveron a denunciar este luns a “sobrecarga” de Urxencias nos dous hospitais- servizo que xa estivo “colapsado”, como indicou o persoal, durante a fin de semana-.

O persoal afirma que a última hora da mañá, no Xeral había 20 persoas pendentes de ingresar, das que “so tres delas tiñan cama asignada, ainda que non poideron ocupala ate pasadas as 5 da tarde”.

No Meixoeiro, os corredores estaban cheos de doentes agardando a ser atendidos, había 16 deles en observación e tres, que levaban toda a noite, ainda esperaban para ser ingresados, o que fixo que tivese que reforzarse o servizo de enfermeiras.

Os traballadores alertan da “tremenda presión á que estamos sometidos” e as “longas horas de espera” que soportan os enfermos». Ademáis advirten de que a situación vaise “complicar nos vindieros días á vista do frío que esta facendo” e que acusan especialmente os vellos e as persoas con alerxias ou que traballan no exterior.

 

También te puede interesar