Galicia

Veciños de Coles rexeitan a A-76 polo seu custo e polos estragos sociais e ambientais que produciría

Veciños do concello ourensán de Coles, xunto con membros da ‘Plataforma contra a A-76  pola Ribeira Sacra’, rexeitaron este domingo a construcción desta estrada xa que o consideran un “estrago innecesario”.

Nunha xuntanza, na que informouse aos veciños sobre as consecuencias desta obra, salientouse que Coles sufriría o impacto de dúas autoestradas, considerandp que a A-56, entre Lugo e Ourense xa está construíndose.

Ademáis, segundo a Plataforma, a A-76 (Ponferrada-Ourense), supón unha “agresión social e medioambiental” xa que o seu trazado rachará e atravesará varias parroquias, mesmo afectando a vivendas. Os membros da Plataforma advertiron que as dúas autoestradas poderían levar á desaparición de Sequeiros, en Pontevedra e Seoane, en Ourense.

 

También te puede interesar