RGPD - Cookies
Galicia

Avogados, economistas, médicos, informáticos e xornalistas, os novos traballadores autónomos

Avogados, economistas, médicos, profesores, informáticos, xornalistas e artistas forman o 71% do aumento xeral de autónomos que se produciu durante o último ano en Galicia, dacordo cun estudo feito pola Unión de Asociacións de Traballadores Autónomos e Emprendedores (Uatae), baseándose nos datos de afiliación á Seguridade Social.

Dacordo co mesmo, este ‘autoemprego’ concentra o maior número de novos traballadores por conta propia: do total do incremento de 3.131 autónomos ata novembro deste ano en comparación co mesmo período de 2013, o 71% procede destas actividades profesionais cun crecemento de 2.240 autónomos.

Durante ese tempo, as actividades profesionais se incrementaron en 881 novos autónomos (7,09%); educación, 550 (13%); sanidade, 407 (7,9%); información e comunicación, 188 (9,9%) e actividades artísticas e recreativas, 214 (8,3%).

 

También te puede interesar