Vigo al minuto

Asemblea Aberta de Coia retoma este venres as protestas na rotonda de Alcampo

Veciños pertencentes á Asemblea Aberta de Coia, que o mércores deixaron que a súa protesta na rotonda de Alcampo- onde está prevista a colocación do ‘Bernardo Alfageme’- volven este venres á mesma, logo de que o mércores e xoves- Noite Boa e Nadal- deixasen a súa protesta e permitisen a apertura do terceiro carril da glorieta para facilitar o tráfico nestas datas.

Deste xeito, hoxe volverán paralizar as obras e decidirán qué acción van tomar nos vindeiros días, logo de anunciar que empezarían a repoboar a rotonda con plantas e de advertir que hai “permanentemente” veciños que vixían o lugar e que avisarían no caso de que o Concello retome os traballos.

Pola súa banda, o alcalde volveu a repetir que o barco irá á rotonda de Alcampo e lembrou que foi o Partido Popular, cando a alcaldesa era Corina Porro, o que decidiu que o ‘Bernardo Alfageme’ tiña que estar en terra.

Abel Caballero asegurou que foron outros gobernos os que gastaron 630.000 € no mantemento do barco e logo de calificar de totalmente política” a protesta na rotonda, insistiu que entre os opositores a este proxecto hai persoas “realmente moi violentas…non digo que todos o sexan, pero entre eles hai persoas que sí son moi violentas”.

 

También te puede interesar