RGPD - Cookies
Vigo al día

¿Tes unha bici que non usas? agora, en Vigo, a reparan de balde e a levan a alguén que sí a precisa

Vigo impulsa estes días unha campaña solidaria de recollida de bicicletas usadas, doadas polos seus propietarios, para que, se é necesario, se reparen antes de repartilas entre persoas con poucos recursos.

Organizada polo Concello e ‘A Golpe de Pedal’, El Corte Inglés e 10 talleres e tendas viguesas, a iniciativa pide a aqueles veciños que teñan unha bici que non usen, que a entreguen nas tendas colaboradoras – Anca, Bicitotal, Biciocon, Cromoly, Galicia en Bici, Gonzalo Aguiar, NBike, Trek e XtremeBike- onde as arranxarán e logo serán recollidas por ‘A Golpe de Pedal’ e depositadas no Parque Central do Concello para que sexan repartidas entre as asociacións que traballan con familias en situación de inclusión social e do programa «Infancia en familia», a través dos traballadores sociais que farán un estudo previo das necesidades.

O de Nadal é un reparto “especial” dentro da iniciativa «Unha bici, un sorriso», que permanece activa ao longo de todo o ano. De feito, tal e como indicou o responsable de A Golpe de Pedal, José Manuel Suárez- quen subliñou que xa hai 850 bicios das 1.000 que é o obxectivo-, a previsión é facer outro gran reparto de bicicletas para finais do curso escolar. Aqueles interesados en coñecer ou participar nesta campaña poden informarse na web do Concello ou no teléfono gratuito 010.

 

También te puede interesar