Ciencia y Tecnología

Según unha enquisa do SUP, preto do 90% dos policías di que non ten chaleco antibalas

Segundo informa o Sindicato Unificado de Policía (SUP), o 86% dos 444 axentes enquisados polo sindicato, tras a morte da axente Vanessa Lage en Vigo, no atraco no que resultou ferido un subinspector, afirma non ter «chalecos antibalas nin anticoitelos de asignación individual”.

O sindicato sinala que na enquisa realizada entre os propios axentes do equipo da Comisaría de Vigo-Redondela e na que puideron participar, tamén axentes destinados noutras dependencias, «co fin de coñecer de primeira man, a opinión de todos eles», os policías contestaron a unha veintena de preguntas relacionadas coa seguridade laboral.

Nela, un 75,5% dos enquisados di que non existen chalecos colectivos en todos os vehículos policiais da súa Comisaría, mentres que un 80% afirma que os existentes non son «operativos». Ademáis, o 98% afirma que non se lles dan «os medios de protección axeitados» por parte da Dirección da Policía Nacional, e o 97% di que se lles debería facilitar un chaleco, un casco e unha funda antifurto».

Á vista dos resultados da enquisa, o SUP-Galicia seguirá coa súa iniciativa de presentar un escrito-denuncia ante a Fiscalía de Vigo que ten como obxectivo que «un órgano xudicial independente, investigue se existían eses chalecos e, de ser así, se aclare o motivo polo que non foron repartidos e o tempo que levaban almacenados».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.