Vigo al minuto

A Xunta retira 9.000 expedientes dos Xulgados de Vigo para empezar a súa expurgación

A Xunta retirou uns 9.000 expedientes dos xulgados de Primeira Instancia nº 10, Instrución nº 5 e Penal nº 1 de Vigo para levar a cabo o seu expurgación. Os expedientes xa dixitalizados,, primeiro paso para o expurgo, un proceso que ten como obxectivo “modernizar” a Administración de Xustiza.

Segundo sinala o Goberno galego, está previsto que a actuación continúe en xaneiro, coa retirada de máis material do resto de edificios xudiciais vigueses: unha vez realizada a gravación dos expedientes, o persoal técnico de arquivos fará un estudo das series documentais e dos organismos produtores. A continuación, ditos arquivos remitiranse á xunta de expurgo cun informe da Consellería competente en materia de patrimonio documental.

Deste modo, a xunta de expurgo emitirá un acordo no que se decidirá o destino final da documentación e este escrito se publicará no Diario Oficial de Galicia (DOG) e en prensa, cun prazo de dous meses para que as partes interesadas no proceso poidan solicitar documentación.Para rematar, cando se aprecie interese documental procederase á destrución ou ao envío dos expedientes a un arquivo histórico.

A Xunta lembra que 2013 iniciou o proceso de expurgo, un proceso que, segundo precisou, permite aos xulgados galegos “gañar ata un 75 % de espazo nas sedes xudiciais de Galicia e conservar axeitadamente os documentos con valor histórico”. Tamén concretou que este proceso “facilita” o acceso á documentación nos arquivos xudiciais que están “desbordados” actualmente e remarcou que, a día de hoxe, se “estima” un total de tres millóns de expedientes almacenados.

 

También te puede interesar