RGPD - Cookies
Galicia

3 mortos e 93 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

061 asistiu durante a fin de semana a un total de 93 persoas debido a 65 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres e a medianoite deste luns. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o venres con 24 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 78 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 65 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 93 persoas.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 28 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 89. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a cinco sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 63 ocasións e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 15 ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse seis ocasións.

En 76 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 14 ocasións foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado y tres falecidos no lugar do incidente.

 

También te puede interesar