RGPD - Cookies
Galicia

Na madrugada, falece un mozo de 26 anos nun accidente de tráfico en Cerceda


Os servizos de Urxencias confirmaron a morte de D.P.P de 26 anos, por colidir cun camión na AC-413, na localidade de Cerceda (A Coruña), esta madrugada. A consecuencia do impacto, a vítima saíu despedida do coche, quedando o seu corpo na calzada, segundo comunica o servizo 112.

A aviso da traxedia ocorreu ás 5:30 horas do domingo. No dispositivo participou Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.

A maiores en A Coruña, un tren de media distancia con 15 pasaxeiros sufriu un incendio no motor á altura de Oza-Cesuras, pasadas as 20:30 horas do sábado, sen rexistrar feridos. Os Bombeiros de Betanzos xunto aos GES de Curtis realizaron as tarefas de extinción do lume, comunica Emerxencias de Galicia.

 

También te puede interesar