RGPD - Cookies
Galicia

Perde a vida unha muller nun accidente na A-6 en Oza-Cesuras (A Coruña)

Esta mañá faleceu unha muller nun accidente de tráfico na A-6, en Oza-Cesuras (A Coruña) segundo informa o servizo 112 Galicia. As testemuñas indican que o turismo saíu da vía, dando varias voltas de campá.

A conductora foi restacada polos Bombeiros de Betanzos ao quedar atrapada no interior do vehículo, mentras que o copiloto saíu do coche polos seus propios medios, sendo trasladado polos servizos sanitarios de urxencia ao centro médico.

Dende o Centro de Atención ás Emerxencias se pediu a colaboración de Urxencias Médicas e a Garda Civil de Tráfico.

 

 

También te puede interesar