Vigo al minuto

A Xunta quere aprobar un plan de transporte metropolitano para a área viguesa…sen Vigo

A conselleira do Territorio remitiu unha carta ao alcalde  na que adiantalle que dado que non hai acordo con Vigo para poñer en marcha o transporte metropolitano, o servizo funcionará baseándose no acordo cos outros 13 concellos da área viguesa.

Ethel Vázquez, subliña que os demáis concellos, “que fixeron importantes esforzos orzamentarios, equivalentes ou superiores aos de Vigo, non poden seguir agardando”, lembrando que as áreas de Ferrol, Lugo, A Coruña e Santiago xa dispoñen do seu propio plan de transporte metropolitano -con connvenios asinados por alcaldes socialistas – e deixando aberta a posibildade de que Vigo se asume ao mesmo logo do acordo dos 13 concellos restantes.

Por el contrario, Abel Caballero repetiu que Vigo non pode asinar un acordo que non teña establecido un “teito de gasto, algo que non permitiría o interventor municipal, e lembrou que o Concello xa dispuña de 260.000 € anuais para esta iniciativa, “case 50.000 máis dos que sinalou a Xunta”.

O alcalde advertiu que si a Xunta deixa aos vigueses á marxe das ventaxes do transporte metropolitano sería un acto ilegal e, como xa declarara onte, a conselleria estaría prevaricando. Caballero repetiu que esta decisión do Goberno galego é “política” e afirmou que si a conselleira non acepta a proposta do Concello de Vigo é porque non lle deixa o alcalde de A Coruña, “que debe de ser quen manda nesa consellería…non hai que esquecer que a conselleira é de Coruña, e que como asinou acordo desventaxoso para a súa cidade non permite que a Xunta chegue a este acordo con Vigo”.

 

También te puede interesar