Vigo al minuto

‘A Ría non se Vende’ denuncia no xulgado o Plan de Espazos e Usos do Porto de Vigo

O colectivo A Ría Non Se Vende denunciou no xulgado o Plan de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP) do Porto de Vigo e dirixe a denuncia a responsables do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente (Magrama) aos que acusa de prevaricación, falsidade en documento público, delitos contra os recursos naturais, o medio ambiente e contra a ordenación do territorio.

A Ría non se Vende sinala que incluír na zona de auga do Porto espazos da Rede Natura 2000- como a Ensenada de San Simón, Illas Cíes ou as Illas Estelas- estes «quedan sen protección e sen o preceptivo control”.

O colectivo presentou, ademáis, un escrito na Xunta para esixir que o Goberno galego aprobe, “urxentemente” medidas preventivas que permitan «evitar posibles deterioracións nos espazos naturais incluídos na Rede Natura 2000» e «someta a unha verdadeira avaliación ambiental todas as actividades actualmente instaladas en espazos naturais» e «segregue definitivamente os espazos da Rede Natura, bancos pesqueiros e marisqueros da zona de servizo do Porto de Vigo».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.