Vigo al minuto

Os Xulgados de Familia de Vigo terán unha xuiza de apoio dende o 2 de xaneiro

A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordou reforzar os xulgados de primeira instancia 5 e 12 de Vigo, especializados en Dereitos de Familia, cunha xuíza de apoio, segundo informaron fontes do propio tribunal.

A  xuíza de apoio, de adscrición territorial, comezará a traballar o 2 de xaneiro, en resposta a unha demanda histórica dos operadores xurídicos da cidade, que denunciaron en reiteradas ocasións o “colapso” nestes órganos xurisdicionais.

Como complemento esta medida, a Sala de Goberno tamén decidiu solicitar ao Ministerio de Xustiza o nomeamento dun secretario xudicial substituto. Así mesmo, anunciou que reclamará á Dirección Xeral de Xustiza da Xunta a dotación de catro funcionarios interinos.

 

También te puede interesar