Vigo al minuto

Os Xulgados de Familia de Vigo terán unha xuiza de apoio dende o 2 de xaneiro

A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acordou reforzar os xulgados de primeira instancia 5 e 12 de Vigo, especializados en Dereitos de Familia, cunha xuíza de apoio, segundo informaron fontes do propio tribunal.

A  xuíza de apoio, de adscrición territorial, comezará a traballar o 2 de xaneiro, en resposta a unha demanda histórica dos operadores xurídicos da cidade, que denunciaron en reiteradas ocasións o «colapso» nestes órganos xurisdicionais.

Como complemento esta medida, a Sala de Goberno tamén decidiu solicitar ao Ministerio de Xustiza o nomeamento dun secretario xudicial substituto. Así mesmo, anunciou que reclamará á Dirección Xeral de Xustiza da Xunta a dotación de catro funcionarios interinos.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.