RGPD - Cookies
Galicia Vigo al día

O Concello asegura que a instalación do ‘Bernardo Alfageme’ en Coia ten un custo total de 100.000 €

Fotografía: http://barcosdegalicia.blogspot.com.es/2014/05/bernardo-alfageme.html

Nunha nota de prensa remitida este luns pola tarde, o goberno local afirma que a instalación do ‘Bernardo Alfageme’ na rotonda de Alcampo costará 100.000 €, «o goberno local desexa aclarar que os custes de emprazar o buque Bernardo Alfageme na rotonda da Avenida Castelao, en Coia, ascenden a 100.000 euros en total, en concepto de preparación do espazo e adecuación do mesmo para o seu novo uso, moi lonxe do que interesadamente están atrasladar as persoas que se amosan en contra».

Nun documento que se achega xunto co comunicado e que pode verse premendo aquí, se indica que os gastos xerados desde o  2000 -ano no que o Bernardo Alfageme pasou a ser de titularidade municipal- ata a actualidade se aproximan os 630.000 euros, «dos que o 95% foi gastado polos gobernos locais anteriores á chegada de Abel Caballero á Alcaldía».

También te puede interesar