RGPD - Cookies
Galicia

Dende este luns, máis controis por consumo de alcohol e drogas, nas estradas galegas

A Delegación do Goberno en Galicia informa de que Tráfico iniciará este luns, día 15, unha campaña ‘especial’ de controis da tasa de alcoholemia e consumo de drogas entre os conductores. Axentes da Garda Civil intensificarán os controis nas estradas galegas ao tempo que intensificarase a colaboración cos concello para realizar, nas zonas urbanas, máis probas, en especial nos lugares de ocio.

A Delegación lembra que o alcohol é un factor determinante na terceira parte dos accidentes de tráfico con mortos e que a súa inxesta multiplica, entre dúas e quince veces, os riscos de ter un accidente.

En 2013, as análise toxicolóxicas realizadas a conductores falecidos sinalaron que o 43% deles tiñan unha tasa de alcohol en sangue superior a 0,3 g/l, porcentaxe que subía ata o 44% no caso dos peóns mortos pola mesma causa.

 

También te puede interesar