RGPD - Cookies
Vigo al día

A ‘secta’ de Oia segue a ser unha asociación dentro da Diócese que, lembra, sempre colaborou coa Xustiza

O bispo de Tui-Vigo, Luis Quinteiro/Tresyuno Comunicación

A Diocese de Tui-Vigo “está disposta, como o estivo sempre, a colaborar coa Xustiza” na investigación da Orde de San Miguel Arcanxo, de Oia, segundo un comunicado emitido polo Bispado. No mesmo pide aos afectados que fagan o mesmo “para o esclarecemento da verdadee lembra que actuou “dende o primeiro momento que tivo coñecemento de posibles irregularidades na citada asociación diocesana», tomando «medidas encamiñadas a esclarecer os feitos denunciados».

O Bispado subliña que sempre acompañou “consolou e procurou reorientar espiritual e psicoloxicamente a cada unha das vítimas e aos seus familiares», por medio do Comisario extraordinario, dos curas e fieis”.

A Diocese indica que dende que chegaron ao bispo, en decembro de 2012, a existencia desas posibles irregularidades cometidas polo líder da ‘orde’, Miguel Rosendo da Silva, iniciouse un proceso de investigación interna a partir de un ‘Visitar canónico’ nomeado en maio de 2013, para solicitar información sobre actividade desta. Unha vez rematadas as investigación, o Bispo apartou a Rosendo da dirección e nomeou un ‘Comisario Extraordinario’.

O día 16 de abril deste ano, nunha asemblea extraordinaria, comunícase esta decisión aos membros da ‘orde’ e «un grupo significativo» deles decide deixar a mesma que “hoxe segue sendo unha asociación pública de fieis de dereito diocesano establecida en Tui-Vigo. Consta de 25 membros chamados ‘exploradores’ que realizan o seu labor de apostolado unicamente nesta Diocese, e catro ‘Consagradas Miguelianas’ que atenden unha residencia xeriátrica en Bustarviejo (Madrid). Todos eles están baixo a responsabilidade do Comisario Extraordinario».

 

También te puede interesar