Galicia

Rouco vaise do Pazo do Arcebispo de Madrid…pero non a Vilalba, senon a un piso de 400 metros cadrados no centro da capital

O que fora arcebispo de Madrid, o lucense Antonio María Rouco Varela, múdase. Ainda que xa non exercía o seu posto-logo de ser ‘retirado’ polo Papa– Rouco segue vivindo no Pazo arzobispal, mentres que o novo arcebispo, Carlos Oroso, ocupa un pequeño piso no barrio de Chamberí.

Agora, ainda sen data, eso sí, o cardenal Rouco, vaise. E non é que volva a Vilalba, onde naceu, senon que ocupará un piso de máis de 400 metros cadrados na rúia Bailén. O ‘apartamento’, que é do arcebispado, ten sete habitacións, é exterior e ten vistas á serra…e ao Pardo.

Ata agora vivían nesta ‘humilde morada’ catro curas da orde Comunión e Liberación – da que tamén é o arcebispo de Granada, Francisco Martínez, quen editou o libro ‘Cásate y sé sumisa’ ou mantivo no seu posto aun profesor de religión que fora detido acusado de abusos sexuais-. Por suposto, os curas, xa están facendo as maletas para deixarlle sitio ao cardenal Rouco, que non se parece moito ao un dos seus precedecores no posto, o cardenal Tarancón, quen cando deixou o cargo acabou vivindo en casa duns amigos preto da súa vila natal, Burriana, e morreu sen máis propiedade que un coche que lle regalaran entre varios curas cando deixou Madrid.

 

También te puede interesar