Vigo al minuto

A supresión de 64 prazas e de frecuencias do tren Vigo-A Coruña-Madrid, chega ao Congreso

A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou unha iniciativa parlamentaria na Cámara na que demanda a Renfe-Viaxeiros que restitúa as 64 prazas suprimidas do Tren Hotel Vigo-A Coruña-Madrid e repoña asemade os servizos que vai anular para as vindeiras datas de Nadal e para xaneiro.

Pérez preguntou a Fomento “por qué razón se decidiu en pleno periodo de Nadal eliminar 64 prazas en clase turista no tren hotel nocturno de Madrid a Galicia e viceversa”, e por qué motivo decidiu Renfe-Viaxeiros eliminar días de circulación deste tren hotel, precisamente en datas de alta demanda. A qué se debe que este tren non vaia circular os días 20, 21, 27 e 28 de decembro e que se suprimise a súa circulación todos los sábados de xaneiro?”.

A deputada subliña que é “un recurte significativo que supón un 50% menos de ofertas en cama turista, por riba na clase máis económica e probabelmente a máis demandada”. Sinala que é un tren moi utilizado por usuarios que precisan chegar a primeira hora da mañá ao destino por motivos laborais, por estudos ou outras razóns. “É igualmente moi utilizado polos peregrinos que queren iniciar o Camiño de Santiago ou voltar aos seus destinos despois de telo feito”, xa que é un tren cómodo porque permite transportar bicicletas.

Censura Rosana Pérez as continuas políticas de recurtes que practica Renfe nos servizos ferroviarios convencionais a Galicia ou en Galicia, “o panorama é cada vez máis mínimo, máis reducido e intuimos que a idea de Renfe é a de eliminar todo aquelo que non sexa o Eixo Atlántico ou as liñas de alta velocidade, que tamén están rebaixadas”.

Sinala a deputada que “o feito de dispór de liñas de altas prestacións non debe servir para xustificar que se supriman servizos ferroviarios convencionais nun territorio que non conta con servizos de cercanías cando noutras comunidades contan con AVE, cercanías e servizos convencionais”.

 

También te puede interesar