RGPD - Cookies
Ciencia y Tecnología

As provincias de A Coruña e Pontevedra, en alerta por chuvias, este sábado, e as de Ourense e Lugo, por neve

As provincias de A Coruña e Pontevedra estarán, este sábado, en alerta por chuvias, que serán fortes durante todo o día, segundo a predición da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). A neve chegará a cotas relativamente baixas situándose nos 1.000 metros no extremo noroeste da Península e haberá alerta por nevadas en Ourense e Lugo. Ademáis, as temperaturas descenderán durante o día.

Os ceos estarán nubrados e acompañados de precipitacións e estas serán máis intensas en zonas do terzo occidental, onde poderían ser localmente fortes ou persistentes. Estas chuvias poderíanse estender, con intensidade mais débil, ao resto do país.

 

También te puede interesar