O lucense Darío Villanueva, novo director da Real Academia da Lingua Española

O lucense Darío Villanueva foi elixido este xoves novo director da Real Academia Española (RAE) en sustitución de José Manuel Blecua. Villanueva entrou na institución en 2008, ocupando a cadeira ‘D’, logo da morte do filólogo Alonso Zamora Vicente. O tamén ex reitor da Universidade de Santiago, aceptou o nomeamento cun discurso titulado ‘El Quijote antes del cinema’, no que falou da preminencia da literatura sobre o cine.

Ata hoxe, Villanueva era secretario da RAE baixo a dirección de Blecua, quen foi elixido en 2010 sustituindo a Víctor García de la Concha, actual director del Instituto Cervantes.

 

También te puede interesar