RGPD - Cookies
Cultura

A CIG inicia un clube de lectura en Vigo coa obra “Circe ou o poder do azul”, de Begoña Caamaño

A Secretaría de Muller da CIG de Vigo vén de poñer en marcha un club de lectura que arrincará o vindeiro mércores 17 de decembro coa presentación do programa nos locais do sindicato ás 7 da tarde. A primeira obra escollida é “Circe ou o poder do azul”, da xornalista e escritora Begoña Caamaño.

Dende a Secretaría da Muller explican que a iniciativa está aberta a todas as mulleres e homes que queiran participar, “coa idea de que entre todas fixemos as bases que rexerán o club”. O funcionamento basearase na escolla dun título mensual para analizar e comentar. “É unha oportunidade de expresarnos, de axudarnos, de participar colectivamente nun proxecto”, indican.

Finalmente, indican que a elección do primeiro título -«Circe ou o poder do azul» de Begoña Caamaño- non foi casual, “xa que queremos aproveitar a forza das súas letras, da súa forza na loita polos dereitos das mulleres para, tras a súa perda, seguir manténdoa con nós un pouco máis”.

 

También te puede interesar