Comarcas

Este domingo, rematan as rutas xeoculturais con ´Redondela en rochas`

O ciclo de rutas xeoculturais por Redondela, organizado pola Concellaría de Cultura, remata o domingo, 14 de decembro, coa ruta “Redondela en rochas”. O obxectivo, gozar do patrimonio natural, así como divulgar o coñecemento da xeoloxía, dunha forma lúdica e educativa.

A empresa de servizos xeoculturais encargada de desenvolver e guiar estas rutas é Olho de Sapo. Na última saída, fará un percorrido polo núcleo de Redondela que partirá da nova Estación dos Eidos ás 11 horas, para mostrar a realidade oculta baixo o granito, composta por xistos que poden contemplarse en determinados puntos. Ademais, falarán dos materiais graníticos da zona vella para despois, relacionalos coa xénese da enseada de San Simón a través dun paseo.

A ruta, orientada a público adulto, é de balde pero é necesario facer inscrición previa no teléfono 986 400 013. A actividade rematará arredor das 13:30 horas.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.