Galicia

4.865 persoas emigraron de Galicia entre xaneiro e xuño, a maioría de entre 20 e 49 anos de idade

4.865 persoas, marcharon de Galicia ao estranxeiro entre xaneiro e xuño deste ano, cando a poboación residente volveu caer en 7.997 habitantes, ao sumar ao saldo vexetativo negativo de 6.138 persoas aos balances, negativos tamén, en migración exterior (-669) e interior (-1.190).

Segundo as cifras de poboación a 1 de xullo deste ano, que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística (INE), en Galicia viven un total de 2.739.229 persoas.

Dacordo coa estatística de migracións, o groso das emigracións exteriores produciuse entre os grupos de idade que van de 20 a 49 anos. Así, 388 tiñan entre 20 e 24 anos, 719 entre 25 e 29, 767 entre 30 e 34, outros 589 entre 35 e 39 anos, 454 entre 40 e 44, e 307 entre 45 e 49.

Por provincias, o fluxo de emigración ao exterior mostra maiores datos para A Coruña e Pontevedra, con 1.871 e 1.747 persoas, respectivamente, que para Ourense, con 776, e Lugo, 471 habitantes.

 

También te puede interesar