RGPD - Cookies
Vigo al día

Veciños de Coia retoman as protestas para evitar que o ‘Bernardo Alfageme’ vaia para a rotonda de Alcampo

Veciños de Coia, que se opoñen á instalación do pesqueiro ‘Bernardo Alfageme’ na rotonda da Avenida de Castelao-fronte a Alcampo- volven a protestar este martes contra a decisión de que o buque se coloque neste lugar.

Xa o venres preto de cen persoas concentráronse na rotonda para amosar a súa oposición e paralizaron as obras que están facéndose para levar o barco. A protesta quere denunciar o que califican de “gasto inmoral e inxustificado” e para esixir que os cartos destiñados a este proxecto, que cuantifican en máis de 300.000 €, sexan para fins sociais, “non se pode xustificar gastar estos cartos cando hai familias que non teñen para comer” ao tempo que lembran que a decisión de que o ‘Bernardo Alfagene” acabe en Coia “incumple o acordo do Pleno do Concello no que se decidiu que o barco ten que estar no Museo do Mar”.

 

También te puede interesar