Vigo al minuto

Os sindicatos, co director da Policía, este martes, para esixir a compra de máis chalecos antibalas

O director xeral da Policía recibe este martes aos responsables dos catro sindicatos policiais- SUP, CEP, UFP, SPP- para coñecer a súa esixencia de que se compren máis chalecos antibalas. Ademáis,  Ignacio Cosidó escoitará as denuncias sindicais de que Interior fixo gastos “secundarios”, como os novos distintivos nos uniformes, “que poderían terse dedicado á protección dos axentes”.

Os sindicatos salientan que, cos cartos dedicados á compra de 2.500 gorras novas para as unidades fronteirizas, pagaríanse 233 chalecos –que teñen un prezo de 324 € cada un-.

Os representantes dos policías queren, tamén, que se traslade aos axentes que os chalecos son para uso individual, non colectivo, e advirten de que hai comisarias nas que, ainda que teñen esta prenda de protección, “os teñen gardados para cando se precisen, non para que estén a disposición dos policías”, algo que consideran “gravísimo”.

Tomando estas medidas, os sindicatos policiais coidan que poderían evitarse asasinatos como o de Vanessa Lage, no atraco da sucursal de Abanca na rúa Doutor Carracido- no que resultou ferido de gravidade o subinspector Vicente Alló ou o dun axente  de Málaga acoitelado cando foi a deter a un home reclamado pola xustiza.

 

También te puede interesar