Martes anubado con baixada das temperaturas

Este martes, Galicia seguirá baixo a influencia anticiclónica durante o día. Ainda que unha intensa borrasca, que se achega polo norte, traerá nubes este luns pola noite, facendo que mañá teñamos ceos anubados, o ceo quedará despexado durante a mañá e boa parte da tarde, cando o avance dunhas nubes baixas deixes chuvias no litoral ao remate do día.

Segundo a previsión de MeteoGalicia, os ventos serán febles, de dirección variable, nas primeiras horas, pasando a ser de sudeste e aumentando de intensidade. As temperaturas baixarán e, por cidades, agárdanse máximas de 13 graos en Pontevedra e Vigo- onde o termómetro caerá ata os 6– e mínimas de 4 graos en Ourense e Lugo.

 

También te puede interesar