Deportes Vigo al minuto

19 medallas para Galicia no Campionato de España cadete de Taekwondo

Os clubes galegos lograron un total de 19 medallas (catro ouros, sete pratas e oito bronces) no Campionato de España de Clubs Combate da categoría cadete que se celebrou en Pontevedra. Na clasificación por equipos, proclamouse campión de España o Deportivo Olimpo Sedavi (Valencia), mentres que o Mat´s foi prata e o Natural Sport Videlgi logrou a terceira posición.

O torneo comezou cun magnífico ambiente nas gradas e oito tapices no pavillón para acoller o día de maior participación. Na categoría cadete participaban 367 deportistas.

Na categoría masculina, houbo dous ouros para os galegos. O local Javier González (Mace Sport) en -65 quilogramos acadou a medalla de ouro tras superar na final a Yeray Robledo (Taekwondo Nazaret), mentres que o taekwondista do Natural Sport de Ribeira Adrián Pombo, foi primeiro no peso de máis de 65 quilogramos, despois de gañar na final a Rubén Herrero (Taekwondo Alberic). Ademais, houbo catro pratas galegas masculinas para Iago Buján (Escola Lucense, -33), Alberto Bautista (Budo Vigo, -41), Unai Silva (Mace Sport, -57), Abel Seoane (Natural Sport Videlgi, -61). Os bronces foron para: Roi Mosquera (Natural Sport Videlgi, -49), Abraham  Ramírez (Mace Sport), Ismael Verde (Patiño Moaña, -53), Sergio Iglesias (Doyang, -57), Anxo Casal (Olimpic, -57) e Samuel Posada (Doyang, +65).

Na categoría feminina, os clubs galegos tamén acadaron dous ouros. Foron para as deportistas do Mat´s Arlet Ortiz Benito (-51), tras gañar na final a Maider Villava (Mendialdea), e Lara Pazos (+59), que superou no último e definitivo combate a Lidia Bocanegra (Alcala Kim). En segunda posición acabaron o campionato Alma Pérez (Suh Sport, -41), Leticia Trigo (Patiño Moaña, -44) e Uxía Rodríguez (Moo Duk Kwan, -59), e os bronces foron para Sandra Rodríguez(Garrapucho, -51) e Zoraida Rey (Suh Sport, -33).

 

También te puede interesar