RGPD - Cookies
Cultura Vigo al día

Chega o espectáculo de clown, ´Alegría, Palabra de Gloria Fuertes`, a Vigo

Imagen: teatrodemalta.com

O domingo, día 7 de decembro, preséntase en Vigo o espectáculo de clown ´Alegría, Palabra de Gloria Fuertes` da compañía Teatro de Malta. O inicio será ás 18 horas no Auditorio Municipal do Concello. A obra familiar, dentro da programación de Vigocultura, está destinada a un público maior de 4 anos.

Dixirida por Marta Torres, a historia narra como Dona Pito Piturra e o señor Antropelli, traballadores do antigo circo Cocodrilo, viven rodeados de contos e poemas de Gloria fuertes. Non teñen outra cousa, e, ademais, cren ser ela. Ambos cren ser a poeta. O intento de cada un deles por convencer ao outro do seu erro, dá lugar a unha serie de xogos e escenas inspiradas nos contos de Gloria nos que interpretan a outros personaxes creados pola autora madrileña, e nos que , por suposto, se expresan a través da súa poesía.

As entradas cun prezo de 3 €, ata os 11 anos, e 5€, a partir dos 12; poden adquirirse de maneira anticipada na páxina web de Servinova; no teléfono, 902-504-500; ou na Central de Espectáculos, na rúa Velázquez Moreno, nº26. O día da función, poden conseguirse no Auditorio.

También te puede interesar