Vigo al minuto

En novembro, a metade dos parados non cobrou nada, baixou a afiliación, a contratación e medrou o emprego temporal

Os datos de desemprego, difundidos este martes polo Goberno, e dacordo cos cales en Galicia hai 4.588 parados máis anotados no INEMa segunda subida máis alta do Estado– fixeron que os sindicatos advertisen que “o emprego en Galicia segue afundíndose”, alertando de que xa hai máis de 117.000 galegos que carecen de cobertura algunha.

As centrais subliñan que o colectivo máis prexudicado polo aumento do paro foi o dos mozos, con  591 desempregados máis en novembro, feito ao que suman que a contratación temporal o mes pasado fose superior ao 91% e que, ademáis, asináranse 20.000 contratos menos que en outubro, cun descenso dun 25,2% de contratos indefinidos.

A todo iso hai que engadir que das 127.013 persoas que ainda teñen algunha con prestación, só 55.322 son beneficiarios de prestación contributiva e que a taxa de cobertura pase do 60,5% en outubro ao 56,7% en novembro, o que suòn que “a metade 248.632 desempregados galegos non cobraron nada”.

A situación, reiteran os sindicatos agrávase pola saída de traballadores de Galicia ao exterior e coa baixada da filiación á Seguridade Social, que foi de preto dun 0,5% o mes pasado.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.