Galicia

En Galicia, 54 accidentes de tráfico durante a fin de semana

O servicio 061 asistiu a 66 persoas en 54 accidentes nas estradas galegas, dende a tarde do venres ata a noite domingo, do 28 ao 30 de novembro. No balance rexistrouse un falecido, que morreu no lugar do accidente, segundo comunica Urxencias Sanitarias de Galicia. O maior número de sinistros tivo lugar o sábado, con 19 accidentes.

O 061 recibiu 65 avisos por accidentes de tráfico. Por provincias, Pontevedra alcanzou os 30 accidentes de tráfico; seguido de A Coruña, con 14; e a continuación, igualados con 5 sucesos, Lugo e Ourense. Por idades, o 23% dos atendidos tiña entre 25 e 39 anos, e un 56% eran homes.

Do conxunto de feridos, en 57 ocasións trasladáronse aos centros sanitarios correspondentes, e 8 foron atendidos no lugar do incidente sen traslado. As ambulancias convencionais acudiron a 2 sinistros, as medicalizadas a 4, e asistenciais en 60 casos.

 

 

 

También te puede interesar