Vigo al día

Empezan novas obras en todo Vigo que durarán entre dous e catro meses

A semana que ven, empezan numerosos traballos en rúas de toda a cidade. Dacordo co adiantado polo alcalde inícianse os traballos de humanización de Alonso Ojeda; rúa Toledo e o seu contorno; Coutadas-Teis; Praza Martínez Garrido -entre o camiño dos Medeiros e o camiño Sobreiro- Doutor Canoa, que levarán catro meses.

Ademáis, arrancan as obras de mellora da rede separativa de pluviais e renovación dos pavimentos peonís e de rodadura en diversos accesos, rúas e camiños en Avda Atlántida nº30-52 -Alcabre; rúa Estrada á Balsa-Matamá; rúa Bravo-Navia; Camiño Oia e Rozo -Coruxo; rúa Eira Vella-Saiáns; Subida á Rola -San Roque; Estrada Marco -Sárdoma; Camiño Pinguela -Valladares: acceso ao Pavillón de Coruxo e Camiño Gándara; San Cosme.Zamáns; Santa Mariña-Cabral; Camiño Fondo-Castrelos; subida á Madroa e rúa Manuel Costas-Bastos-Candeán; subida á Mouteira en Bembrive e rúa Seixo en Beade; rúa Roteas de Abaixo, Gandarón, Camiño Fermín e Bagunda-Lavadores, fase II da rúa Pedreira.

Esta última tanda de obras no rural estará rematada, se se cumpren os prazos, en dous meses.

 

También te puede interesar