Vigo al día

Empeza o servizo especial de Vitrasa polo Nadal: o C1 aumenta frecuencia e o C2 funciona domingos e festivos

Dende este luns, día 1 de decembro e ata o 11 de xaneiro do ano que ven, as liñas C1 e C2 de Vitrasa aumentan as súas frecuencias. No caso da C1, haberá máis buses os sábados, domingos e festivos, de xieto que pasarán- de media- cada 10 minutos.

A liña C2, que habitualmente non funciona nin domingos nin festivos pola mañá, pasará a facer o servizo todo o día, cos seguintes horarios: saídas desde Guixar: 10.15, 11.00, 11.45, 12.30, y 13.15, 16.15, 17.00, 17.45, 18.30, 19.15, 20.00h (e 20.40 ata Gran Vía 46).

Neste caso non haberá buses pola mañá os días 7, 8 e 25 de decembro, Día de Nadal, e os días 1- primeiro de ano- e 6 de xaneiro.

 

También te puede interesar