Galicia

O PIB galego non medra e a economía se ralentiza

O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia mantívose non medrou no terceiro trimestre respecto ao trimestre anterior, pero subiu un 0,4% en relación co mesmo período de 2013, segundo os datos de contabilidade que publica este xoves o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Desta forma, a economía galega se ralentiza con respecto ao segundo trimestre de 2014, cando presentaba un incremento de tres décimas intertrimestral e de cinco décimas en comparación con había 12 meses.

Ao presentar o proxecto de orzamentos de Galicia para 2015, a Consellería de Facenda avanzou que rebaixou ao 0,9% a súa previsión de crecemento para este ano, aínda que, non obstante, elevou o dato ao 2% para o termo de 2015.

No conxunto estatal, o Instituto Nacional de Estatística (INE) confirmou que a economía española medrou un 0,5% no terceiro trimestre do ano en variación intertrimestral, mentres que a taxa interanual avanzou un 1,6%.

Dacordo coas cifras feitas públicas esta xornada polo IGE, do lado da demanda, o comportamento intertrimestral reflectiu unha suba do 1,4% da importación de bens e servizos, fronte ao aumento do 1,3% da exportación.

O resto de variables botan porcentaxes próximas ao 0%, cun lixeiro repunte do gasto dos fogares (+0,2%), do gasto en consumo final (+0,1%) e da demanda interna (+0,1%). O gasto das administracións públicas e a formación bruta de capital non variou en relación co segundo trimestre.

Xa en taxa interanual, a demanda recolle caídas do 1,7% e do 1% en importación e exportación de bens e servizos, respectivamente. Fai fronte a isto a evolución do gasto das administracións, cun aumento do 1,8%, e os do gasto en consumo final (+0,9%) e a demanda interna (+0,8%).

Pola súa banda, os fogares subiron o seu gasto nun 0,5% en comparación con 12 meses atrás e a formación bruta de capital tamén aumentou, un 0,2%.

 

También te puede interesar