RGPD - Cookies
Sucesos

Un morto e 77 feridos en accidentes nas estradas galegas a pasada fin de semana

Ambulancia do 061/Tresyuno Comunicación

O 061 atendeu a 77 persoas debido a 60 accidentes de tráfico rexistrados durante a fin de semana na rede viaria galega, das que unha faleceu no lugar do sinistro.

Segundo informou o 061, a Central de Coordinación recibiu 70 chamadas entre as 3 da tarde do venres e a pasada medianoite, o maior número de atencións por sinistros rexistrouse o sábado, con 27 incidentes.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 76: as ambulancias medicalizadas realizaron dúas saídas; as asistenciais, 67, e as convencionais, unha; mentres que os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en seis ocasións.

En 67 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en nove ocasións recibiron asistencia no lugar do accidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no punto do sinistro.

Pontevedra, con 24 sinistros, foi a provincia con máis accidentes durante os desprazamentos da fin de semana; seguida da Coruña, con 17; Ourense, con 11; e Lugo, con oito.

 

También te puede interesar