Vigo al día

Ceos despexados con chuvias débiles á noite

Galicia comeza a xornadas con ceos parcialmente cubertos, que traen nubes de tipo medio e alto, abríndose grandes claros por momentos. Á noite, achéganse unha fronte polo Atlántico, que deixará chuvias que terán o seu inicio no oeste, segundo informa MeteoGalicia. Os ventos soprarán de compoñente sur, frouxos en xeral, con intervalos variables.

As temperaturas continuarán altas para a época de novembro. Nas mínimas, os valores oscilan entre os 10º de Lugo e os 14º de Vigo; namentres os valores máximos alcanzan os 20º na provincia luguesa; un grado máis, en Vigo, Pontevedra e A Coruña; e con 22º, finalmente, Ourense.

O sábado regresan as precipitacións xeneralizadas, localmente de intensidade forte na metade oeste. Nas primeiras horas do día, o vento soprará frouxo tornando a compoñente norte no litoral, acadando intensidade forte chegada a tarde.

También te puede interesar