Vigo al minuto

Piden no Congreso unha nova praza de maxistrado para Vigo

A voceira do BNG no Congreso presentou distintas iniciativas parlamentarias para pedir ao Ministerio de Xustiza que aprobe a creación da quinta praza de maxistrado para a sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, que ten a súa demarcación en Vigo.

Olaia Fernández Davila  lembra ao Goberno que esta praza “foi solicitada polo Consello Xeral do Poder Xudicial” e que a existencia de 818 asuntos pendentes de tramitación sitúan á sala viguesa no posto 19 de 101 seccións civís do Estado en canto a pendencia.

Neste escenario, o Bloque preguntou ao departamento que dirixe Rafael Catalá “qué disposición ten a atender” esta demanda e “por qué motivo a obviou” na última asignación de prazas.

 

También te puede interesar