RGPD - Cookies
Comarcas

Libros solidarios, que se intercambian por alimentos, en Redondela

Baixo o lema Libros solidarios, a campaña recolle nas bibliotecas de Redondela, alimentos e produtos de primeira necesidade e os intercambian por libros. Os productos, conseguidos nos puntos de intercambio, serán destinados a Cáritas Redondela.

Segundo explica a organización, a recollida que remata o 28 de novembro ou ata esgotar as existencias, está aberta a calquera cidadán que ofrezca alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene ou para o fogar.

No evento participan as bibliotecas municipais, así coma a biblioteca do Círculo Cultural Recreativo de Chapela e dos CEIP de Quintela, Santo Paio de Abaixo, Alexandre Bóveda, Laredo, do CEP Santa Mariña e dos IES Chapela e Mendiño.

 

 

 

También te puede interesar